SOLUCIÓNS DE DESEÑO
Deseño e fabricación de…
- Útiles de control
- Útiles auxiliares para procesos produtivos
- Maquinaria específica
- Mecanizado de precisión
Déixanos buscala mellor solución
E axudarte no teu proceso produtivo
Útiles de control
ÚTILES DE CONTROL
Para controlar a túa produción
Os útiles ou maquetas de control empréganse para verificar a xeometría dun produto fabricado. Poden ser desde un simple calibre ou un conxunto de mecanismos que definen a posición isostática da peza para a súa posterior verificación. Os datos obtidos coa axuda do útil poden ser: de tipo atributo (válido ou non válido) ou de tipo variable, por exemplo, un valor dimensional.
Os nosos útiles van acompañados dun informe dimensional que certifica a veracidade dos resultados arroxados polo útil. Tamén se pode engadir un estudo R&R, estudo de repetibilidad e reproductividad, segundo as condicións de uso.
Útiles auxiliares
ÚTILES AUXILIARES
Para procesos produtivos
Dispositivos destinados a participar no proceso produtivo de fabricación ou montaxe. Pensados para realizar, simplificar ou mellorar calquera tarefa da cadea produtiva, complementando a máquinas ou robots.
Deseñamos útiles de suxeición para aplicacións de soldadura ou conformado, mordazas, ferramentas de corte e conformado. Todo isto enfocado a garantir a calidade do produto, a cadencia de fabricación e a ergonomía pensando no operario.
Maquinaria específica
MAQUINARIA ESPECÍFICA
Para diferentes sectores
Cando existe unha necesidade específica no proceso produtivo, os nosos especialistas asesoran e deseñan a maquinaria necesaria en base aos requisitos do cliente. Temos experiencia en diversos sectores:
- Mantemento industrial
- Industria madeireira
- Automoción
- Agricultura e gandería
- Aeronaútica e naval
- Envase e embalaxe
Mecanizado
MECANIZADO
De precisión
Dispoñemos dun amplio parque de maquinaria para a fabricación de compoñentes mecánicos de alto valor engadido e elevada precisión. Estamos especializados en:
- Series de pezas
- Lotes de pezas
- Pezas unitarias
- Prototipos
- Productos propios
- Pezado de consumibles ou pezas de recambio.
O NOSO PROCESO
Contigo en todo momento
AÍNDA TES DÚBIDAS?
Os nosos profesionais estarán encantados de aconsellarche para atopar solucións ós teus proxectos.
ASESORÁMOSTE
Seguimos o teu proceso contigo