Mindtech 2019

Os próximos días 10,11 e 12 de Setembro terá lugar a primeira edición da feira industrial Mindtech (Metal Industry and Technologies International Trade Fair) en IFEVI (Vigo). Centrarase sobre todo nas tecnoloxías 4.0 e estaremos presentes co noso stand. Durante o evento daranse cita empresas líderes do sector industrial, metalúrxico e metalmecánico (entre outras) a nivel internacional.

A feira Mintech está impulsada por ASIME (Asociación de empresas do metal de Vigo) e tendo como referente actual a Hannover Messe en Alemaña (feira industrial máis grande do mundo). A intención é que aínda que, de momento, este evento sexa de carácter  bienal, consolídese ós poucos ata converterse nun referente de encontro entre as principais compañías do sector e aqueles interesados en contactar con elas.

O avance dixital e tecnolóxico serán os protagonistas da feira (Intelixencia artificial, big data, dixitalización de procesos….) e estará dividida en diferentes áreas entre as que destacan a de robótica, maquinaria, electricidade e electrónica…etc

Mindtech contará tamén cunha área de negocios B2B onde ademais poderanse  axendar diferentes reunións con aquelas empresas que sexan de interese para algunha sinerxia, colaboración ou negocio.

Nós como parte deste sector, e desenvolvendo o noso labor na área comarcal de Vigo, cidade industrial de Galicia por excelencia, queremos estar presentes no primeiro evento destas características que se celebrará na nosa comunidade. Contaremos cun stand no que clientes, visitantes e expositores poderán visitarnos.

Durante o evento mostraremos quen somos e os servizos que realizamos (útiles de control, útiles auxiliares, maquinaria específica e mecanizado). Estamos seguros de que conseguiremos boas sinerxias e converterase nunha vía estupenda para mostrar os nosos traballos máis innovadores dunha maneira efectiva. Permitiranos proxectar o noso labor a nivel internacional e seguir aumentando o noso mercado a parte do existente xa en América e Europa.

Esperámosvos no noso stand (nº 1202) para pasar unha agradable xornada, saudarnos e charlar un intre.

Scroll to top