
OS NOSOS CERTIFICADOS
Avalan o noso traballo
O noso compromiso co cliente fainos querer dar o mellor de nós. Unha calidade impecable a todos os niveis é un requisito imprescindible para nós, e por iso esforzámonos en manter os estándares de calidade ó máis alto nivel.
En recoñecemento, obtivemos o certificado ISO 9001 na súa versión de 2015, que avalía o sistema de xestión de calidade dos procesos da empresa.
MECADIS realiza un continuo esforzo por estar á última en todos os procesos que afectan o seu negocio co único obxectivo de mellorar os seus servizos para os seus clientes. A nosa competencia técnica fundaméntase na calidade total aplicada como filosofía empresarial.
Temos como compromiso cos nosos clientes a constante mellora dos nosos servizos e procesos para que atopen en nós un provedor eficaz, coa finalidade de alcanzar, con paso firme, unha posición de liderado no mercado.